1 de xaneiro de 2023 a 31 de decembro de 2025
EDIH – DIGITAL-2021-EDIH-01
Orzamento total: 5.494.236€

O proxecto EDIH DATAlife céntrase na implantación de tecnoloxías disruptivas en fases de validación e demostración con gran potencial para aumentar a competitividade das empresas e a administración pública galega, pero pouco estendidas na actualidade. Por elo é necesario apoiar ás empresas -especialmente ás pemes- para facilitar o seu coñecemento e adopción.

Os servizos estarán recollidos nun catálogo e serán gratuítos para as pemes. Entre eles incluirase o asesoramento para a implantación de novas tecnoloxías, así como probas de concepto de Intelixencia Artificial (AI), Computación de Altas Prestacións (HPC) ou Internet das cousas (IoT).

Rol do CSG

O rol do CSG céntrase en servizos test-before-invest (servizos de pilotaxe nos nosos living labs), a participación das partes interesadas e do ecosistema, a difusión de resultados e o fomento da colaboración entre os sectores público e privado.

A quen está dirixido?

Sectores agro-mar alimentación, forestal-madeira, biotecnoloxía e saude-coidados (especialmente PEMES)

Como participar?

  • Sendo parte do catálogo de servicios e como partner de colaboradores estratéxicos ITGALL
  • Certificarte como Living Lab ITGALL

Obxectivos

Aumentar a competitividade das empresas e, especialmente, das pemes, mediante a adopción de tecnoloxías de IA e Big Data, promovendo a creación de espazos de datos federados e a súa explotación colaborativa.
Compartir boas prácticas con outras rexións a través do seu comité de expertos, con embaixadores a nivel nacional e internacional, e con relacións estratéxicas coa participación en redes de colaboración de DIHs.
Ser unha fiestra única de servizos, proporcionando ás empresas acceso a solucións dixitais avanzadas a través de infraestruturas modernas para a experimentación e validación tecnolóxica.

Partners do proxecto

O proxecto EDIH-DATAlife está formado por un consorcio de 15 membros do ecosistema de innovación galego. Conta con institucións de investigación, científicas e centros tecnolóxicos (5 socios), clústeres sectoriais (5 socios), un centro de transferencia de coñecemento, dúas universidades e una empresa tractora. Representan a todos os axentes da demanda, a oferta e transferencia de tecnoloxía.

Logotipo de ANFACO-CECOPESCA
Bioga
Logo del Centro de Supercomputación de Galicia, socio del CSG
Logotipo del Cluster Saúde de Galicia
Logotipo de DATAlife
Logotipo de la Universidade de Vigo, socio del CSG

noticias

Mesa sectorial de diagnóstico tecnolóxico (saúde e coidados) do proxecto EDIH DATAlife

ITGALL, CSG Living Lab, forma parte do novo proxecto EDIH e compartirá o know-how e as ferramentas resultantes do proxecto IN-4-AHA.

Iniciamos novo proxecto europeo: EDIH DATAlife