Mesa sectorial de diagnóstico tecnolóxico (saúde e coidados) do proxecto EDIH DATAlife

O pasado venres organizamos, xunto a DIH DATAlife, a segunda mesa sectorial de saúde e coidados dentro do proxecto EDIH DATAlife, para afondar no reto extraído da primeira mesa: Residencias 4.0. Acompañáronnos ADOC, AFAGA Alzhéimer, ASPANAES, ATENDO, atlanTTic Research Center, BiG Formación, DomusVi España, Elige Consultores, Himikode, MOIRAI, O LECER SENIOR CARE, Serge, Soltec Ingenieros, Plexus Tech, e Televes; e destacouse a necesidade de levar a cabo unha transformación dixital do sector non só para as persoas senón coa participación das persoas.

A sensorica e a zona da habitación das persoas foron a tecnoloxía e a área de aplicación máis destacados.

Volvéronse a lembrar os servizos que DATAlife e os seus socios prestan dende o proxecto EDIH do que forma parte activa o Clúster Saúde de Galicia, CSG, aportando especialmente a súa experiencia aos futuros demolabs/datalabs que queren establecer.