Somos CSG
O Cluster Saúde de Galicia, CSG, é unha asociación profesional do sector saúde comprometida co posicionamento de Galicia como referente global en innovación e excelencia sanitaria.
Como plataforma de colaboración público-privada sen ánimo de lucro, reunimos industrias e institucións do ámbito sanitario galego para xerar sinerxías que fortalezan a competitividade do sector e contribúan a mellorar a calidade de vida das persoas.
Centrámonos en áreas clave como as solucións dixitais en saúde, a lonxevidade, a biotecnoloxía e a economía circular, promovendo o desenvolvemento da rexión e un impacto positivo na sociedade a nivel global.
Obxectivos
Impulsar o crecemento e a competitividade
Potenciar o coñecemento, sinerxias, colaboracións e o networking
Mellorar o posicionamiento nacional e internacional
Fomentar o enfoque socio-sanitario do sector saúde galego e posicionarse como referentes neste aspecto
EIXES ESTRATÉXICOS
Para alcanzar estes obxetivos estratéxicos, propónse abordarlos en dous niveis de magnitude: catro Eixes de Actuación, que permitirán desenvolver a Estratexia do CSG, e tres Eixes de Apoio, que permitirán manter obxectivos claros e realizar os seguimentos.
EIXES DE ACTUACIÓN
Captar novos membros e potenciar a colaboración
Apoiar na expansión comercial da actividade dos membros
Apoiar na financiación de proxectos de I+D+i
Representación do sector saúde ante a sociedade
EIXES DE APOIO
Actualización periódica do catálogo de servizos a socios
Monitorización e seguimento das actividades do CSG
Captación e xestión de fondos para a actividade do CSG