Iniciamos novo proxecto europeo: EDIH DATAlife

Iniciamos novo proxecto europeo!

European Digital Innovation Hub DATAlife é un proxecto que ten por obxectivo acelerar a transformación dixital das #PEMES das cadeas de valor: agro-mar alimentación, forestal-madeira, saúde-coidados e biotecnoloxía.

Durante o mes de xaneiro demos os primeiros pasos no proxecto EDIH DATAlife. Estivemos na reunión de lanzamento do proxecto, e participamos nas reunións dos paquetes de traballo, comezando a darlle forma ás mesas sectoriais e o plan a seguir para realizar unha comunicación clara e alineada.

Neste proxecto participamos con ANFACO-CECOPESCA | Bioga Galicia | CESGA | CETIM Technological Centre | CETGA | Cluster Saúde de Galicia, CSG | Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia | Centro Tecnológico EnergyLab | DATAlife | FEUGA. Fundación Universidad Empresa Gallega | Gradiant | Televes | Universidade de Santiago de Compostela | Universidade de Vigo | European Commission | Ministerio de Industria, Comercio y Turismo