Testeo e pilotaxe

ITGALL é a rede galega privada de Living Labs sociosanitarios xestionada polo CSG, que combina diversas capacidades e unha gran comunidade de usuarios para testear solucións con base tecnolóxica ou dixital baseados nun enfoque centrado na persoa.

Internacionalización

#RIES é o fórum internacional de referencia a nivel nacional e internacional para abordar os retos e oportunidades do ecosistema da saúde. Liderado polo CSG (Cluster Saúde de Galicia), xestouse como foro de encontro entre os principais axentes dos sectores sanitario e sociosanitario do ámbito público e privado a nivel nacional e internacional, en colaboración cos nosos partners estratéxicos da #ComunidadeCSG

As “Learning Expedition – LEX” ou misións de estudo, son un dos servicios principais de internacionalización do CSG. O principal obxectivo é identificar socios estratéxicos e posibilidades de inversión para o ecosistema CSG. ecosistema CSG.

Apoio estratéxico e visibilización

O obxectivo principal é poñer en marcha unha oficina técnica que facilite o impulso e a captación de proxectos no ámbito sanitario no marco dos fondos europeos Next Generation e, con especial atención, ó posicionamento de Galicia no PERTE vinculado a este sector.

CSG Connect é un sistema integral de comunicación interna no que explicamos en detalle as oportunidades que hai no sector para a #ComunidadeCSG, incentivamos un ecosistema activo e proactivo imprescindible para que se den sinerxias, e rexistramos todas as novidades e necesidades dos nosos socios para poder prestarlles un mellor servizo.

O Espacio KIT (Knowledge, Innovation and Technology) Saúde é unha iniciativa impulsada polo Cluster Saúde de Galicia. Os seus principais obxectivos son: transmitir coñecemento aplicable á actividade doutros socios do CSG, promover o achegamento entre os socios, xerar networking e identificar oportunidades de negocio no sector da saúde.