O proxecto EDIH DATAlife céntrase na implantación de tecnoloxías disruptivas en fases de validación e demostración con gran potencial para aumentar a competitividade das empresas e a administración pública galega, pero pouco estendidas na actualidade. Por elo é necesario apoiar ás empresas -especialmente ás pemes- para facilitar o seu coñecemento e adopción. Os servizos estarán recollidos nun catálogo e serán gratuítos para as pemes. Entre eles incluirase o asesoramento para a implantación de novas tecnoloxías, así como probas de concepto de Intelixencia Artificial (AI), Computación de Altas Prestacións (HPC) ou Internet das cousas (IoT). Rol del csg O rol do CSG céntrase en servizos test-before-invest (servizos de pilotaxe nos nosos living labs), a participación das partes interesadas e do ecosistema, a difusión de resultados e o fomento da colaboración entre os sectores público e privado. O proxecto Senior Eco-Nect ten como obxectivo preparar un plan de acción conxunto para apoiar o surximento e o desenvolvemento de ecosistemas europeos dedicados á economía plateada e do envellecemento activo e saudable, así como garantir a inclusión e a interconectividade entre todos os actores chave da innovación do sector e os sectores transversais. O plan presentarase en xuño de 2024 e de ser seleccionado, iniciarase a súa implementación. Rol del csg O CSG participa no mapeo dos stakeholders e as solucións a incluir no plan de acción, a organización de talleres temáticos e a difusión dos resultados. A Rede Innovación para o Envellecemento Activo e Saudable (IN-4-AHA) é unha Acción de Coordinación e Apoio (CSA) financiada pola UE que contribúe á ampliación transfronteiriza de aplicacións probadas e listas para o seu uso na atención sanitaria e social. O principal resultado desta cooperación é un modelo de ampliación da innovación validado polas partes interesadas e complementado cunha folla de ruta clara para a aplicación, un conxunto de ferramentas de avaliación do impacto da innovación e unha estratexia para os investimentos a longo prazo. Rol del csg O CSG lidera focus groups, testeos e a implementación da estratexia de inversión (H2020) neuroATLANTIC ten como obxetivo reunir as notables capacidades científicas e tecnolóxicas encontradas na Área Atlántica no campo das enfermidades neurolóxicas (por exemplo, a enfermidade de Alzheimer, o accidente cerebrovascular, etc.). Este proxecto actuará sobre os aspectos clínicos, preclínicos e de capitalización, acelerando a adopción de novas innovacións que revolucionarán a maneira na que se manexan as enfermidades neurolóxicas dentro da área. Tamén se centrará na creación dunha plataforma transnacional para desenvolver novos axentes terapéuticos para o tratamento e o diagnóstico anticipado destas enfermidades devastadoras e prevalecentes. Rol del csg O CSG é responsable da capitalización (líder do Work Package) e comunicación. Aprobado no marco da primeira convocatoria do Programa de Cooperación Transfronteiriza Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 e cun orzamento global de 2.288.893,27 €, CÓDIGOMÁIS é un proxecto que pretende impulsar a creación dun Ecosistema Transfronterizo (Galicia – Norte de Portugal) Innovador no sector da saúde que permita integrar os principais actores públicos e privados, fomentar as capacidades e oportunidades de valorización do coñecemento e estimular o funcionamento dun polo de competitividade de excelencia relacionado co sector da saúde. Rol del csg O CSG é un stakeholder involucrado no desenvolvemento do plan estratéxico, a identificación de grupos de interese e a organización de misións de estudo a centros de innovación europeos (Dinamarca, Suecia, Israel e Países Baixos)