1 de xullo de 2022 a 30 de xuño de 2024
HORIZON-CSA – HORIZON-EIE-2021-CONNECT-01-01
Orzamento total: 499.575€

O proxecto Senior Eco-Nect ten como obxectivo preparar un plan de acción conxunto para apoiar o surximento e o desenvolvemento de ecosistemas europeos dedicados á economía plateada e do envellecemento activo e saudable, así como garantir a inclusión e a interconectividade entre todos os actores chave da innovación do sector e os sectores transversais.

O plan presentarase en xuño de 2024 e de ser seleccionado, iniciarase a súa implementación.

Rol do CSG

O CSG participa no mapeo dos stakeholders e as solucións a incluir no plan de acción, a organización de talleres temáticos e a difusión dos resultados.

A quen está dirixido?

A proxectos ou servizos no ámbito da Economía Plateada (Silver Economy) en catro sectores principais: saúde, coidados, turismo e deporte; en toda Europa, pero principalmente nas rexións participantes de Cork (sur de Irlanda), Arras (norte de Francia), Eslovenia e Galicia.

Como participar?

  1. Faite un seguidor #SEN e rexístrate para recibir o boletín do proxecto e estar ó día de todas as novidades: actividades, visitas dos socios do proxecto ó ecosistema galeego e moito máis.
  2. Rexistra a túa solución Silver no mapa de solucións en Silver Economy de Senior Eco-Nect e posicionaa para ser unha das seleccionadas para o plan de acción.

Obxectivos

Apoiar a aparición, o crecimiento, a eficiencia e a interconexión de ó menos catro ecosistemas europeos dedicados ó envellecemento activo e saudable.
Liberar todo o potencial do sector da economía plateada mediante a integración de áreas transversais chave dirixidas á población envellecida máis alá do alcance da saúde e a atención.
Garantir a inclusión e a interconectividade entre os actores chave da innovación da cuádruple hélice en torno ó sector da economía plateada a nivel local, rexional, nacional, europeo e máis alá.
Aumentar a eficiencia e o potencial innovador de proxectos e innovadores da economía plateada abordando desafíos chave eexplotando as oportunidades que ofrece este sector.
Fomentar as sinerxias e complementariedades entre o Plan de Acción Conxunto de Senior Eco-Nect e os programas de innovación das administracións públicas.

Partners do proxecto

noticias

Visita de Senior Eco-Nect ó ecosistema galego

Visita ó ecosistema Silver de Eslovenia como parte do proxecto Senior Eco-Nect

O CSG é parte do mapeo de stakeholders chave na Silver Economy para Senior Eco-Nect. Rexistra a túa solución agora!