LEX Xapón: a Learning Expedition do 9 ao 15 de outubro

A semana pasada tivo lugar a nosa última Learning Expedition de 2023, a LEX Xapón. A continuación repasaremos o máis destacado desta LEX, pero antes queremos agradecer unha vez máis a colaboración da Cámara de Comercio da Coruña e o seu inestimable apoio ás nosas actividades.

Participantes na LEX

Nesta LEX acompañáronnos representantes da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, Galaria, Universidade da Coruña, Grupo VARPA, DomusVi, Gran3dad, O Lecer Senior Care, Bioprana, SIVSA e Atendo.

A Learning Expedition a Xapón

Día 1: iPark

A LEX Xapón comezou o 9 de outubro cunha reunión de contexto en Tokio, pero as visitas comezaron o día 10, sendo a primeira a iPark, o primeiro parque científico xestionado pola gran farmacéutica de Xapón. A delegación participou na visita ás instalacións deste colaborador do CSG, e recibiu varias visitas no stand conxunto representando a todas as entidades participantes.

Día 2: WelTech, iCONM e OFECOME

Durante a segunda xornada da Learning Expedition levouse a cabo unha fructífera visita ao Living Lab Weltech da cidade de Kawasaki integrado na súa propia residencia con especial atención ás persoas con problemas auditivos.

Continuamos en dita cidade para coñecer o programa CHANGE centrado na investigación da lonxevidade e visitamos un dos centros de investigación iCONM.

A xornada rematou cunha breve visita á Oficina Económica e Comercial da Embaixada de España en Tokio

Día 3: KOTOEN, TOPCON, ZENKOUKAI e Xestor de vida

Nesta LEX, ademais da axenda principal, tivemos unha secundaria centrada na medtech, que tivo visitas os días 12 e 13 de outubro. O 12 de outubro, a delegación principal visitou KOTOEN, unha residencia de 3 plantas (gardaría, persoas autónomas e persoas dependentes) que promove o intercambio interxeracional, mentres que a delegación medtech visitou TOPCON, empresa xaponesa líder en instrumentos para a saúde ocular.

A xornada continuou cunha visita a ZENKOUKAI, o primeiro Living Lab de tecnoloxía de asistencia de Xapón dirixido por unha corporación de benestar social, cun think tank e o seu propio robot + laboratorio de IA.

Finalmente, puidemos coñecer un Xestor de vida, que nos explicou o seu papel en cada familia xaponesa.

Día 4: Shintomi e Nidek

Durante a cuarta xornada volvemos ter a axenda principal xunto coa axenda medtech, visitando aos participantes na primeira a Shintomi, unha residencia con centro de apoio á demencia xuvenil, e pioneira no uso de tecnoloxías robóticas ou Nursing-Care RobotsNCR), e os segundos a NIDEK, empresa especializada na fabricación de instrumentos para oftalmoloxía e optometría.

Día 5: Oogimi Visitor Center

O 14 de outubro foi o último día da axenda principal da LEX Xapón. Para rematar estaLearning Expedition, trasladámonos a Okinawa, a illa da lonxevidade, onde visitamos o Oogimi Visitor Center.

Oogimi cobrou relevancia tras a visita do autor español Héctor García, que escribiu o libro “Ikigai” tras vivir dúas semanas na casa dunha persoa de 88 anos, que foi quen recibiu en Oogimi á delegación de LEX Xapón. Oogimi e outros lugares de Okinawa celebran aos seus maiores acudindo aos fogares dos outros.

Extensión da Learning Expedition en Okinawa

Nesta LEX Xapón existía a opción de ampliar a visita en Okinawa un día máis, incluíndo o 15 de outubro. Nesta xornada a delegación visitou Bashofu Kaikan, onde se celebran demostracións de Bashofu (un tecido que se tece con fibras de Ito Basho e fíos vexetais tinguidos), e o parque Seekwasa. O Seekwasa é un cítrico orixinario de Okinawa, e os seus habitantes usan esta froita en varios pratos.

Que son as LEX (Learning Expeditions)?

As “Learning Expedition – LEX” ou misións de estudo, son un dos principais servizos de internacionalización do CSG. O obxectivo principal é identificar socios estratéxicos e posibilidades de investimento para o ecosistema CSG.

Estas misións poden ser directas, inversas ou online, pero sempre mantendo o espíritu de representación da comunidade CSG cunha axenda común para a delegación liderada polo CSG e que presentará proxectos chave en man.

Descubre toda a información na páxina das LEX.