O equipo ITGALL nos Open Living Lab Days de ENoLL

O noso equipo de ITGALL (Gisela García-Álvarez, Nieves Freire Barea y Ángel Rodríguez Cerdeira), asistiron durante a semana pasada (21 a 23 de setembro) ás xornadas Open Living Lab Days 2023 de ENoLL (European Network of Living Labs) en representación de LabSaúde.

Tratanse dunhas xornadas que buscan sumerxirse no ecosistema local e descubrir como se aplica e se ve a metodoloxía Living Lab en Barcelona.

O equipo de ITGALL tratará de recoller todos os coñcementos para poder aplicalos posteriormente en cada un dos proxectos a desenvolver.

ENoLL é a asociación internacional, independente e sen fins de lucro de Living Labs de referencia. O seu obxectivo principal é promover o concepto de Living Labs para influir nas políticas da UE, mellorar os Living Labs e permitir a súa implementación a nivel global.

Agradecemos á Axencia Galega de Coñecemento en Saúde, membro da #ComunidadeCSG, a oportunidade de poder representalos neste evento e a cada un dos socios que nos vamos encontrando! Seguimos avanzando!