Iván Rarís Filgueria, novo Xerente do Cluster Saúde de Galicia, CSG

  • Iván Rarís tomará o relevo que deixa Gisela García-Álvarez tras 7 anos á fronte da organización
  • O CSG continuará co seu obxectivo de facer de Galicia o mellor lugar para envellecer con saúde

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2024. Hoxe marcase un hito significativo para o Cluster Saúde de Galicia, CSG e o seu equipo. Compalcenos anunciar un cambio importante na nosa xerencia, un paso que reflexa o continuo crecemento e evolución da nosa organización.

O CSG naceu como un proxecto visionario na rexión gracias ó impulso e á visión dos seus fundadores e colaboradores. Dende a súa creación, o CSG converteuse nun referente fundamental para a promoción da innovación e o desenvolvemento do sector da saúde en Galicia e máis alá.

Despois de máis de dez anos de esforzo e colaboración, podemos afirmar con orgullo que avanzamos na nosa misión de construír sinerxías que nos permitan optimizar a súa competitividade e mellorar a vida das persoas. Porque sempre buscamos facer de Galicia o mellor lugar para envellecer con saúde. Fomos testigos de como os nosos proxectos, socios e colaboradores marcaron unha diferenza tanxible na calidade de vida das persoas e do entorno que nos rodea.

Non obstante, entendemos a importancia de mirar cara ao futuro e afrontar novos retos con determinación e liderazgo renovado. Neste espírito de evolución continua, dámoslle a benvida a Iván Rarís Filgueira como novo xeremte do CSG, retomando así o testigo que deixou Gisela García-Álvarez durante estes anos.

Sobre Iván Rarís

Nos últimos anos, Iván foi director de área de AFAGA Alzheimer, entidade dedicada á innovación na atención integral ao persoal con alzhéimer, exercendo simultaneamente como avogado especializado no ámbito sociosanitario. Iván tamén vén exercendo diferentes funcións directas en distintos órganos de goberno de organizacións sectoriais, como o CSG, e iniciativas universitarias. Así mesmo, foi relator en diversos eventos nacionais e internacionais do sector saúde.

Esta transición marca un novo capítulo na historia do CSG, pero non supón unha ruptura, senón unha continuidade renovada e reforzada dos nosos compromisos. Desexámos que Gisela García-Álvarez teña o mellor dos éxitos e estamos seguros de que os nosos camiños volverán a cruzarse.

Desta forma, o Clúster Saúde de Galicia reafirma o seu compromiso co fomento da excelencia no sector da saúde. Agradecemos de antemán a toda a nosa #ComunidadeCSG polo seu continuo apoio nesta viaxe. Xuntos, estamos compremetidos a seguir impulsando a innovación, o crecemento e a colaboración para beneficiar a saúde e o benestar da nosa comunidade.

Para máis información, deixámosvos o contacto do novo xerente Iván Rarís: gerencia@clustersaude.com. Tamén tedes dispñible o contacto do equipo na nosa páxina web.

Seguimos avanzando xuntos cara a un futuro de saúde e benestar sustentable para todos!