O Clúster Saúde de Galicia, CSG, e a Cámara de Comercio de A Coruña organizan mañá un evento para promover a internacionalización das empresas galegas

  • Baixo o nome de “EXPORPYMES”, a iniciativa busca impulsar o contacto entre pemes internacionais e galegas de sectores representativos da actividade económica de Galicia.
  • Por segundo ano consecutivo, o evento contará cunha importante presenza do sector da saúde a través do Cluster Saúde de Galicia, CSG, visibilizando o traballo que se realizu hos últimos anos.

A CORUÑA, 10 DE XULLO DE 2023. Grazas á colaboración da Cámara de Comercio da Coruña e o Cluster Saúde de Galicia, CSG, A Coruña acollerá mañá, 11 de xullo, a X edición de EXPORPYMES, un evento que atraerá a máis de vinte empresas tanto de Galicia como de outros países para crear sinerxias, estreitar lazos e promover una maior internacionalización do tecido empresarial galego.

Así, dende as 9:30 ata as14:00 horas, o entorno de PALEXCOconvertiráse nunha ágora de debate, intercambio de coñecemento e promoción de produtos galegos, co obxectivo de fortalecer as relacións entre todos os participantes. Ademáis, o Cluster Saúde de Galicia, CSG, interven por segunda edición consecutiva para presentar o valor da industria da saúde galega, pero tamén contextualizar os avances de innovación tecnolóxica que logrou nos últimos anos.

Despois da inauguración oficial por parte das autoridades, que será ás 9:30 horas, EXPORPYMES 2023 dará o seu pistoletazo de saída con sesións de networking conxuntas (10:00 horas), aplicando a metodoloxía CSG Connect onde as empresas se deberán presentar a través de tres cuestións chave: entidade a que representan, valor diferenciador da entidade e explicar qué buscan do ecosistema da saúde galega ou internacional de EXPORPYMES 2023.

Posteriormente, organizaránse diferentes reunións 1:1 (12:30 h.) para que as empresas participantes poidan explicar qué buscan dp ecosistema da saúde galega, recopilando as súas necesidades e as potencialidades de actividade do tecido empresarial de Galicia no seu territorio. O cerre dla xornada será xa cerca das 14:00, cunha segunda ronda de contactos informais no café para networking.

EN RELACIÓN CON #RIES

#RIES é o fórum de referencia a nivel nacional e internacional para abordar os retos e oportunidades do ecosistema da saúde. Liderado polo Cluster Saúde de Galicia, CSG, xestouse como foro de encontro entre os principais axentes dos sectores sanitario e sociosanitario do ámbito público e privado a nivel nacional e internacional, en colaboración cos nosos partners estratéxicos da #ComunidadeCSG

Por segundo ano consecutivo, e co fin de potenciar a proxección internacional dos proxectos xestados no noso ecosistema e a colaboración das PEMEs a nivel nacional e internacional, o CSG colabora ca Cámara de Comercio da Coruña nesta acción de internacionalización EXPORPYMES (11/07 – A Coruña). Esto convirte a Galicia no epicentro dos proxectos innovadores da industria da saúde a nivel global.

EXPORPYMES enmarcase no Programa Internacional de Promoción cofinanciado polo FEDER, o Concello da Coruña, a Diputación da Coruña e a Xunta de Galicia a través da Consellería do Mar e o IGAPE.