En novembro, tivo lugar a última visita a un ecosistema no marco de Senior Eco-Nect en Galicia, España, organizada polo Cluster Saúde de Galicia, CSG, xunto co Evento de presentación de resultados do proxecto e o Fórum RIES (#RIES23), un foro internacional que aborda os retos e oportunidades do ecosistema da saúde.
A visita comenzou o 6 de novembro en Lleida, onde os socios do proxecto, acompañados por unha delegación escocesa, participaron na Experiencia Inmersiva 24H na residencia Gran3dad, un dos casos de boas prácticas seleccionado no Handbook do proxecto.
O segundo día, os socios visitaron a Consellería de Sanidade, recibidos por Sofía López, directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria, seguido dunha visita ó CEGADI, un centro de cuidados intermedios que inclúe un centro de rehabilitación e un futuro Living Lab, en Santiago de Compostela.
A continuación, o consorcio desplazouse ata Vigo, visitando o Living Lab AFAGA, cun showroom da red ITGALL e presentacións de proxectos deportivos compartidos entre o CSG e o Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar. A continuación, os socios de Senior Eco-Nect visitaron Atendo Senior Living, onde se presentou unha visión xeral do seu proyecto. La xornada concluiu cunha reunión interna de Senior Eco-Nect.
O 8 de novembro marcou o inicio de #RIES23. A visita social (un paseo en barco pola Ría de Vigo) e unha comida estratéxica precederon ó Senior Eco-Nect Mid-Term Event, que se celebrou as 16:00h, onde se compartiron os resultados cun público moi interactivo e comprometido. A xornada concluiu coa Cena de Gala #RIES23, durante a cal o CSG premiou os dous casos de boas prácticas galegas incluidos no Handbook.
O último día centrouse en #RIES23 cos relatores, mesas redondas, ágoras e presentacións de proxectos, centrados en Ecosistemas innovadores de saúde, temática de este ano, moi alineada co proxecto Senior Eco-Nect.