Visita ás instalacións de Cruz Vermella

O pasado 28 de xuño de 2023 o Cluster Saúde de Galicia, CSG, representado pola xerente Gisela Garcia-Alvarez e acompañada polo colaborador Alvaro Campos de PM4.GOV visitaron as instalacións de CRUZ VERMELLA na Coruña.

A visita tiña como obxectivo presentar a proposta EU4CARE5.0 liderada pola Consellería de Política Social en colaboración co CSG e enfocada á elaboración dunha estratexia de novos modelos de coidados con base tecnolóxica escalable a outros países europeos. O equipo de innovación de Cruz Vermella, formado por Trinidad De Lorenzo, Rebeca Vazquez e Marcos Gómez Paz á cabeza mostrouse entusiasta de formar parte como socio do proxecto polo que quedamos emprazados a continuar traballando no borrador do proxecto que se presentará a mediados de setembro de 2023.

Ayudas a las agrupaciones empresariales (clústeres) innovadoras en la Comunidad Autónoma de Galicia. Expediente IG193.2022.1.9