Participamos no Galicia Bio Event dentro de Biospain 2023

Parte do equipo do Cluster Saúde de Galicia, CSG, xunto co resto da delegación Galicia Bio, estivo presente no ‘Galicia Bio Event’, o 25 de setembro

Tratouse dun evento de networking, dentro do marco da feira Biospain 2023, que tivo como obxectivo promover a colaboración empresarial, visibilizar o ecosistema de innovación biotech galego e presentar as capacidades industriais e de investigación entre biorrexións punteras.

Dende o CSG queremos agradecer a todos os asistentes que acudiron e que nos fixeron compañía nesta xornada tan gratificante. Esperamos seguir véndovos durante estes días por Biospain! Onde tamén nos está encantando conocervos e vervos💙