#RIES, o fórum internacional organizado polo Cluster Saúde de Galicia, CSG para abordar los retos e oportunidades do ecosistema da saúde, volve a Vigo na súa oitava edición. A temática centraráse nos “Ecosistemas innovadores de saúde”, que engloba un dos propósitos principais do CSG: ser unha plataforma profesional de colaboración público-privada entre os diferentes axentes do sector que potencie os proxectos innovadores colaborativos.
Como ven sendo habitual na súa organización, as ágoras de discusión serán o punto central do evento dando un espacio preponderante ó debate e reflexión de temáticas de alto interés como son: a Lonxevidade, o Biotech, a Onehealth e a Intelixencia Artificial (IA). En elas participarán grandes referentes do sector saúde para que as empresas, organismos e investigadores do sector poidan crecer en torno á colaboración, a asociación, testeos e a velocidade de comercialización.
En cooperación coa Xunta de Galicia, a Cámara de Comercio de A Coruña, ECHAlliance e #ClustersSaludEspaña, #RIES23 celebraráse, de maneira presencial, os días 8 e 9 de novembro no Hotel Attica21 4****s Business & Wellness, Vigo. O programa desenvolverase da seguinte maneira:
- Xornada 8 de novembro (16:00 – 02:00 +1 día CET): engloba a Inauguración do VIII Fórum RIES 2023 nun espacio único para o networking e a xeración de negocio nun ambiente relaxado e con aforo reducido. Ten como obxectivo por en relevancia ós relatores, patrocinadores, colaboradores e premiados do VIII Fórum RIES 2023.
- Xornada 9 de novembro (9:30 – 19:00 CET): a segunda sesión #RIES23 segue realizándose nun formato presencial focalizado en ser un espacio para compartir coñecemente e experiencias priorizando a calidade do contido, a presencialidade e a xeración de sinerxias buscando o impacto nas persoas. Así, haberá ágoras, mesas redondas, presentacións de proxectos e visitas guiadas para recoller todo o mencionado anteriormente.
As personas interesadas poderán inscribirse a través da páxina forumries.com, onde atoparán toda a información e novedades sobre o programa definitivo de VIII Fórum RIES 2023.
A inclusión de Senior Eco-Nect
O Fórum RIES actúa como un dos eventos distintivos da visibilización da innovación do sector saúde europeo. Foi designado polo líder do proxecto Senior Eco-Nect (#SEN) para mostrar os resultados obtidos ata o momento.
Desta maneira, a oitava edición de #RIES23 inclúe o proxecto Senior Eco-Nect (#SEN) no seu programa, que ten como obxectivo principal a preparación dun plan de acción conxunto para apoiar o surximento e desenvolvemento de ecosistemas europeos dedicados á economía prateada, así como para garantir a inclusión e a interconectividade entre todos os actores chave da innovación do sector (saúde) e os sectores transversais (turismo e deporte).
O Cluster Saúde de Galicia, CSG participa no mapeo das partes interesadas e as solucións que se incluirán no plan de acción, a organización de obradoiros temáticos e a difusión dos resultados. A presentación dos proxectos e resultados serán comunicados durante as xornadas de #RIES23, pero as entidades interesadas aínda podenrexistrar a súa solución SIlver no mapa de solucións en Silver Economy de Senior Eco-Nect e participar no análisis DAFO dos ecosistemas de Silver Economy a nivel europeo.