Entre o 14 e o 16 de xuño realizamos a nosa visita ó ecosistema Silver de Eslovenia dentro do proxecto europeo Senior Eco-Nect, comezando cunha sesión de traballo que repasa a evolución do proxecto e a consecución de fitos. O CSG é o responsable de poñer no mapa europeo as solucións silver máis destacadas. Gisela Garcia-Alvarez, PhD, Xerente, e Sara Olveira Martínez, Tecnico de comunicación, presentaron os resultados obtidos ata o momento.
No segundo día, en Sežana, visitamos o hospital Hospital Sežana cun programa de rehabilitación xerontolóxica especialmente centrado nos problemas respiratorios e a incubadora Inkubator Sežana onde coñecemos o caso da startup de Sopotniki “car sharing for elderly”. Despois en Izola coñecemos o Hotel Delfin, cun modelo cooperativo de residencias vacacionales para seniors. Rematamos o día cunha visita social ás covas de Postojna, cun percorrido por unhas covas impresionantes e moi interesantes.
O último día estivo centrado en coñecer os proxectos postos en marcha desde BTC City Lab: un dos maiores centros de negocios do sueste de Europa. Dende hai case 70 anos combinan tres ecosistemas: empresarial, de innovación e de impacto social. Tivemos a oportunidade de coñecer dous proxectos postos en marcha dende BTC: Simbioza Genesis, social entreprise (e a súa app Magda para mellorar as competencias dixitais) e GIB (sociedade deportiva con máis de 100 anos de historia).