O Cluster Saúde de Galicia, CSG, aposta pola promoción da internacionalización das empresas galegas

Baixo o nome de “EXPORPYMES”, e en colaboración coa Cámara de Comercio da Coruña, a iniciativa procurou impulsar o contacto entre PEMEs internacionais e galegas de sectores representativos da actividade económica de Galicia.

Grazas á colaboración da Cámara de Comercio da Coruña e o Cluster de Saúde de Galicia, CSG, A Coruña acolleu o pasado martes, 11 de xullo, a X edición de EXPORPYMES, un evento que trouxo a máis de vinte empresas tanto de Galicia como de outros países para crear sinerxias, estreitar lazos e promover unha maior internacionalización do tecido empresarial galego.

O evento, que tuvo un horario de 9:30-14:00 horas, organizuse no entorno de PALEXCO convertindoo nun ágora de debate, intercambio de coñecemento y promoción de produtos galegos co obxectivo de fortalecer as relacións entre todos os participantes.

O papel do Cluster Saúde de Galicia, CSG

Por segundo ano consecutivo, o CSG colaborou na organización de dito encontro para presentar o valor da industria da saúde galega, pero tamén contextualizar os avances de innovación tecnolóxica que se lograron nos últimos anos. Para isto, realizáronse duas dinámicas ó largo da mañá:

  • CSG Connect, para que as entidades asistentes se puideran presentar a través de tres cuestións chave: empresa a que representan, valor diferenciador e explicar qué buscan do ecosistema da saúde galega/internacional de EXPORPYMES 2023.
  • Reunións 1:1, co obxectivo de promover o diálogo activo e xerar sinerxias entre as empresas.

A xornada, en resumo, foi un éxito para dar voz a cada unha das empresas participantes, ampliar a súa rede de contactos e xerar colaboracións para futuros proxectos. EXPORPYMES confirmase como un evento de referencia internacional, pero non é o único.