CSG Connect – Abril

20 Abril 2023
10:00
11:30
Salón de Actos – Axencia de Coñecemento en Saúde, ACIS (Avda. Fernando de Casas Novoa, n.º 37, Entrada por B, 1º andar, 15707, Santiago de Compostela, A Coruña)
Organizado por Cluster Saúde de Galicia, CSG

A nosa próxima reunión CSG Connect enmarcase nunha dinámica especial, traballar as Mesas sectoriais: Saúde e Coidados no marco do proxecto EDIH DATAlife. Polo tanto, nesta ocasión a convocatoria estará abeerta a socios e interesados en ser parte de accións que fortalecen o Ecosistema de Saúde de Galicia.

En acordo de colaboración a través do proxecto EDIH DATAlife, o CSG convoca a socios e interesados a participar nas Mesas Sectoriais orientadas a identificar os retos de transformación dixital que ten o noso sector de Saúde e Coidados.

Dinámica

  • 10:00 a 11.30 — CSG Connect
  • 11:30 a 13:30 — Desenvolvemento de mesas sectoriais

Para a túa participación debes cubrir a plantilla e o NDA e enviar ambos documentos a comunicacion@clustersaude.com antes do 17 de abril.