
#ComunidadeCSG
O Cluster Saúde de Galicia, CSG, aposta pola promoción da internacionalización das empresas galegas
Grazas á colaboración da Cámara de Comercio da Coruña e o Cluster de Saúde de Galicia, CSG, A Coruña acolleu o pasado martes, 11 de xullo, a X edición de EXPORPYMES, un evento que trouxo a máis de vinte empresas tanto de Galicia como de outros países para crear sinerxias, estreitar lazos e promover unha maior internacionalización do tecido empresarial galego.