Estamos moi satisfeitos co desenvolvemento da LEX Escocia que tivo lugar a semana pasada. Agradecemos de novo á Cámara de Comercio da Coruña a súa colaboración e apoio inestimable ás nosas actividades.
Destacamos as boas sinerxías xeradas entre a delegación galega e coas entidades escocesas visitadas. Acompañáronnos membros da Xunta de Galicia, entre eles a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García Martínez, Javier Ventosa Rial, subdirector xeral de Atención e Innovación Asistencial Sociosanitaria e Jorge Prado Casal, xefe de servizo da Consellería. da Saúde.
Por parte do Clúster Saúde de Galicia, CSG, representado pola presidenta Rocio Mosquera Álvarez e a xerente Gisela Garcia-Alvarez, acompañaronos ás empresas ATENDO, Balidea, Moonoff, SILVERLOGY, Adoc e GRAN3DAD.
Dende o CSG non queremos deixar de agradecervos dende o fondo a cada un de vós por facer que esta acción fose un éxito. Seguimos traballando!