O Cluster Saúde de Galicia, CSG arranca 2023 con un novo proxecto: EDIH, liderado por DATAlife. O CSG é membro fundador e socio chave dentro da cadena de valor de atención médica de DATAlife e compartirá os coñecementos e as ferramentas resultantes do proxecto IN-4-AHA en relación co pilotaxe e a proba de solucións tecnolóxicas/dixitais como parte dos servizos de “Test before invest” de DATAlife.
céntrase na implantación de tecnoloxías disruptivas en fases de validación e demostración con gran potencial para aumentar a competitividade das empresas e a administración pública galega, pero pouco estendidas na actualidade. Por elo é necesario apoiar ás empresas -especialmente ás pemes- para facilitar o seu coñecemento e adopción. Os servizos estarán recollidos nun catálogo e serán gratuítos para as pemes. Entre eles incluirase o asesoramento para a implantación de novas tecnoloxías, así como probas de concepto de Intelixencia Artificial (AI), Computación de Altas Prestacións (HPC) ou Internet das cousas (IoT). O proxecto tamén mapea continuamente solucións e provedores dixitais dispoñibles comercialmente para complementar a oferta tecnolóxica.
DIH DATAlife é una asociación sen ánimo de lucro fundada en decembro do 2019 que nace coa visión de converter a Galicia en Biorrexión de referencia en Europa a través da conexión, coordinación e creación de sinerxías entre os axentes do ecosistema de innovación e os sectores produtivos da rexión. Tras case tres anos de traballo, a Comisión Europea seleccionou a DIH DATAlife como hub de innovación dixital europeo, outorgándolle un selo de calidade e financiando o seu proxecto “EDIH DATAlife” de case 6 millóns de euros, no que a asociación vai acompañada de gran parte dos seus asociados.
O proxecto EDIH-DATAlife está formado por un consorcio de 15 membros do ecosistema de innovación galego. Conta con institucións de investigación, científicas e centros tecnolóxicos (5 socios), clústeres sectoriais (5 socios), un centro de transferencia de coñecemento, dúas universidades e una empresa tractora. Representan a todos os axentes da demanda, a oferta e transferencia de tecnoloxía.
- DIH DATAlife
- ANFACO-CECOPESCA
- Bioga
- CESGA
- CETIM
- Cluster de la Acuicultura
- Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia
- Cluster Saúde de Galicia
- Clúster TIC Galicia
- EnergyLab
- FEUGA
- Gradiant
- Televes
- University of Santiago de Compostela
- University of Vigo
Durante os próximos tres anos, a misión de DIH DATAlife e os seus socios de proxecto será a de facilitar a adopción destas novas tecnoloxías a través dun catálogo de servizo e capacidades para as pemes, as grandes empresas e o sector público de Galicia. O catálogo de servizos do proxecto EDIH-DATAlife está baseado nas capacidades e facilidades dos seus membros, deseñado para soportar todo o proceso de innovación: dende a detección de necesidades, a idea ou proba de concepto ata a definición do modelo de negocio; probas piloto e apoio na busca para a financiación do proceso comercial.
Ademais, fomentarase a creación de espazos de datos federados e a súa explotación colaboradora. E, mediante distintas actividades, o proxecto recollerá as demandas formativas para mellorar as habilidades dixitais e o uso de tecnoloxías disruptivas. Todo elo en sectores das cadeas de valor que cobre DIH DATAlife: agro-mar alimentación, forestal-madeira, biotecnoloxía e saúde-coidados.
En definitiva, DIH DATAlife, xunto cos seus socios, converterase nunha ventá única de servizos, brindando ás empresas acceso a solucións dixitais avanzadas a través de infraestruturas modernas para a experimentación e validación de tecnoloxía.