Rocío Mosquera | Presidenta do CSG

XUNTOS CONTRA O COVID-19

A situación internacional xerada polo COVID-19 plantexa unha serie de retos ante os que debemos actuar de modo responsable, respectando as medidas e seguindo os protocolos indicados polas autoridades competentes.

Dende o Cluster Saúde de Galicia mantemos unha comunicación directa coa Xunta de Galicia co obxectivo de que se nos comunique calquera novidade relativa á evolución da enfermidade e as suas consecuencias sobre a sociedade e empresas do sector saúde.

A través desta páxina buscamos informar e axudar ás empresas do ecosistema de saúde galego a facer fronte á situación excepcional e inédita provocada polo COVID-19. Estamos traballando en colaboración coas administracións para intentar minimizar o impacto na nosa sociedade e actividade empresarial, garantindo o futuro do sector tanto a curto coma a longo prazo.

Dende o CSG queremos transmitir unha mensaxe de calma e esperanza en que pronto superaremos esta crise xuntos.