O Cluster Saúde de Galicia (CSG) asiste á webinar organizada por GAIN sobre o apoio á innovación para PEMES contra a COVID-19
Durante a xornada celebrada o 28 de maio, Patricia Argerey, Directora de GAIN e Francisco Conde, Conselleiro de Economia, Empleo e industria presentaron as medidas de apoio para a innovación de PEMES galegas.
Actualmente hai 4 convocatorias abertas:
- Talento Senior (peche convocatoria o 05/06/20)
- Principia (peche convocatoria 06/06/20)
- InnovaPeme (peche convocatoria 18/06/20)
- Apoyo H2020 (peche convocatoria 30/11/20)
As próximas convocatorias que abrirán próximamente son:
- Re Acciona (02/06/20)
- Prestamos IFI INNOVA (xunio 2020)
- Conecta HUB (DIH) (xulio 2020) : a convocatoria desta axuda está pendiente de publicación pero engloba proxectos de I+D+i en cooperación orientados a retos estratéxicos para Galicia. Incluirase o apoio á innovación en producto e unha línea específica para COVID-19. Os beneficiarios son as PEMES e tamén poderán participar grandes empresas cando so seu papel sexa necesario. A intensidade destas axudas oscila entre o 15 e o 80% e a dotación é de 7,5M€.
- Bonos DIH (finais 2020): Aunque a convocatoria para esta axuda está pendente de publicación, pódese adelantar que se trata de financiación a través de bonos de servicios de apoio orientados á integración de innovacións dixitais nas PEMES para a mellora da súa competitividade. Estes servizos formarán parte da cartera de servizos DIH. Está dirixida a PEMES e a intensidade das axudas chega ata o 80% (en valoración), sendo a dotación de 1,5M€.
Pola súa parte, Francisco Conde ha resaltou a importancia da colaboración publico- privada e o compromiso da Conselleria co a innovación resaltando os primeiros resultados de BFA, a posta en marcha dos DIH para apoiar a dixitalización das PEMES e a reactivación da tramitación das axudas e do 100% dos anticipos. Tamén anunciou próximas iniciativas para potenciar ainda máis a innovación tras o paso da pandemia que son:
- Aceleradora de proxectos COVID19
- Compra Privada da Innovación
- Hackaton
Así que haberá que estar atentos!