Empresa:

INDROPS

Descrición da entidade
InDrops é unha empresa de biotecnoloxía enfocada á protección da saúde humana e do medio ambiente a través do control de calidade da auga, solo, medio mariño, alimentos e residuos. O laboratorio está acreditado por ENAC segundo a norma ISO 17025 e certificado segundo a norma ISO 9001. Conta cun amplo conxunto de instrumentos que nos permite afrontar máis do 90% do traballo cos nosos propios recursos, minimizando a necesidade de subcontratar. Na actualidade contamos cun persoal multidisciplinar (químicos, biólogos, técnicos) de 14 traballadores. Temos unha implantación nacional coa sede principal en Santiago de Compostela e unha delegación en Santa Cruz de Tenerife. Dende a fundación da compañía (2012) demostramos un claro compromiso coa innovación e a I + D, desenvolvendo proxectos centrados no desenvolvemento de metodoloxías e sensores para determinar os parámetros de calidade da auga. Os accionistas están compostos polos propios traballadores da empresa.
Valor diferenciador no seu sector
O noso tamaño e o noso equipo multidisciplinar permítenos ofrecer servizos e solucións adaptadas ás necesidades da nosa variedade de clientes (empresas, administracións públicas ou particulares), sen perder calidade no servizo. Complementamos o traballo do laboratorio de análises coa interpretación dos resultados obtidos para facilitar a toma de decisións aos nosos clientes. Sempre centramos o noso traballo na protección da saúde e do medio ambiente, valores que promovemos cara aos nosos clientes.
Cadeas de Valor
Datos de Contacto
direccion@indrops.es
www.indrops.es
Persoa de Contacto
Miguel Ángel González Castromil