Re-Acciona: 1º Convocatoria aberta ate o 2/7/2020

Publicouse a convocatoria de axudas da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) – Programa Re-acciona – onde se ofrecen unha serie de servicios cofinanciados para os servicios de desarrollo estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización para a súa realización en empresas galegas. O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ate o próximo día 2 de xullo. Pódense consultar os servicios ofertados e o importe da cofinanciación privada nesta tabla.

Deste modo o Igape responde é a iniciativa da Xunta de Galicia dirixida a ofrecerlles asesoramento inmediato a autónomos e pemes para reactivar a súa actividade e que vai contar cos servizos dunha nova convocatoria da liña Re-acciona para facilitar orientación sobre como adaptar os negocios ás novas necesidades.

Re-acciona, é un programa conxunto de Igape, Amtega e Gain, que comprende un esquema de servizos de mellora da competitividade empresarial, nacido para capacitar as pemes ante os novos retos do mercado, dotándoas dun valor engadido que permita acelerar os seus procesos de mellora e incorporar novos coñecementos ás súas estruturas. O programa dispón dun total de 15 servizos ao redor de catro eixes de competitividade: a estratexia, a profesionalización, a dixitalización e a innovación.

Máis información