Presentación

CSG é unha organización sen ánimo de lucro cuxo obxectivo principal é impulsar a competitividade da industria sanitaria de Galicia contribuíndo ao seu desenvolvemento económico e social a través da cooperación entre todas as institucións públicas e privadas relacionadas co sector da saúde. Adicionalmente, é responsable de catalizar unha cooperación efectiva en I + D + i no sector.

As nosas actividades están aliñadas con tres obxectivos principais: Innovación, Internacionalización e Capacitación. Sempre á procura de cooperación e desenvolvemento económico como resultados.