O CSG asiste á presentación online dos instrumentos de apoio á innovación da Axencia Galega de Innovación, Xesgalicia e CDTI

O pasado 5 de xunio o CSG asistiu ao webinar que se organizou dende a Axencia Galega de Innovación (GAIN), Xesgalicia e o Centro para o Desarrollo Tecnolóxico Industrial (CDTI) co obxetivo de presentar diversas axudas e novedades ​nos instrumentos de apoio de ambas entidades.

Durante o webinar déronse a coñecer as principais axudas vixentes actualmente en Gain e Xesgalicia, as novedades nas líneas de financiación de CDTI, así como a presentación do programa NEOTEC de CDTI, que ten como obxetivo o apoio á creación e consolidación de novas empresas de base tecnolóxica en España e ten aberto o prazo de solicitude ate o próximo 30 de xunio, e do EIC Accelerator Pilot, dirixido a financiar e apoiar proxectos de innovación con potencial de creación de mercado de novas empresas e pemes.

Informóuse, asimismo, da línea que está actualmente aberta para fomentar a participación galega no programa europeo de I+D+i, H2020, e o programa ReAcciona do IGAPE que este ano incorpora tres novos servicios de apoio á innovación.

Tamén fíxose mención ao programa InnovaPeme orientado á mellora da capacidade innovadora das Pemes e microempresas a través do apoio á implementación dun plan de innovación cuyo prazo de solicitude pecha o 18 de xunio.

Durante o webinar, recalcouse a existencia de dous fondos de inversión postos a disposición a través de XesGalicia e que están orientados a apoiar a actividade de empresas innovadoras. Trátasáe de Innova Tech e Galicia Iniciativas Emprendedoras. En canto ao primeiro deles, Innova Tech, apoia proxectos con marcado carácter innovador de empresas tecnolóxicas, en fase de expansión e consolidación. No relativo ao segundo, Galicia Iniciativas Emprendedoras, impulsa a posta en marcha de novos proxectos por parte de empresas novas ou de nova creación.

A Xunta tamén ofrece varias líneas de apoio á innovación destinadas a potenciar o texido empresarial, destacando entre elas, o programa Principia, destinado a fomentar a contratación de técnicos de ata 35 anos para a realización de actividades de I+D+i en empresas e organismos de investigación.