Dende o CSG asistimos ao webinar organizado polo IGAPE respecto ás modificacións e novos conceptos para os programas Galicia Exporta Empresas e Organismos Intermedios

O 30 de xuño, O IGAPE organizou un seminario web sobre modificacións e novos conceptos en Galicia Exporta Empresas e Organismos Intermedios. Ambas convocatorias publicáronse no mes de xaneiro, pero debido ao COVID-19 o escenario de actuación viuse afectado, obrigando a realizar algunhas modificacións nos devanditos programas. As modificacións afectan a novos conceptos, ao prazo de presentación de solicitudes e ao prazo de execución.

No acto estiveron presentes Augusto Álvarez-Borrás, director da Área de Internacionalización do IGAPE, Guillermo Viña, subdirector de Internacionalización do IGAPE, e Juan Mosquera, socio xerente da corredoría de seguros CMPG Gestión de Riesgos, quen falou ducha fermenta bastante útil no comercio internacional: O seguro de crédito.

As modificacións publicaránse no DOGA o 3 de xullo. O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o vindeiro 17 de xullo e o prazo de execución esténdese ata o 30 de novembro de 2021, comprendendo polo tanto accións ata practicamente todo o ano que vén.

A modificación máis importante para ambos programas é a eliminación do requisito de cumprimento do 50%, é dicir, xa non se penalizan as accións solicitadas e que non se van realizar.

Ata o 17 de xullo, podense incluír os novos conceptos que se publicarán no DOGA este venres 3 de xullo e que, aproximadamente, no caso dos organismos intermedios son:

• Organización de misións empresariais con axendas virtuais e visitas a ferias virtuais
• Participación e organización de ferias virtuais
• Participación e organización de eventos virtuais dirixidos ao público internacional (incluindo catas, seminarios virtuais e xornadas de formación a prescriptores)
• Creación, adquisición con contratación de plataformas que permitan o desarrollo e organización de ferias, catas, seminarios, accións e xornadas en formato virtual.
• Campañas de marketing dixital sectorial

É importante destacar que en Exporta Organismos Intermedios multiplicouse a base máxima subvencionable, que ascende agora a 500.000 €. Polo tanto, e tendo en conta a porcentaxe á que poden optar os devanditos organismos intermedios (80%), resulta que a base máxima subvencionable pasa a ser de 400.000 €.

No caso das empresas, hai unha serie máis ampla de conceptos que agora se consideran subvencionables e que calquera empresa que presentou a súa solicitude de axuda pode modificar a súa solicitude no prazo establecido, estendida ata o 17 de xullo.

• Participación en ferias virtuais
• Participación e organización propia de eventos virtuais dirixidos ao público internacional (incluindo catas, seminarios virtuais e xornadas de formación a prescriptores).
• Accións de prospección de mercados internacionais
• Axendas de reunións virtuais
• Accións de operativa daa internacionalización: Xestión de acuerdos comerciaies internacionais, certificacións, homologacións, Rexistros de marcas e patentes de productos e/ou servicios para o extranxeiro, seguro de crédito á exportación.

No caso de las empresas había un teito de 7.000€ para gastos de difusión que agora se eliminou, sendo o único límite o umbral máximo da base subvencionable da convocatoria.