CELEBRACIÓN DO EVENTO FINAL DO PROXECTO EUROPEO CODIGOMAIS

O proxecto CODIGOMAIS chega ao seu fin con todos os obxectivos alcanzados. Os socios portugueses organizan hoxe, 30 de xullo, de 10:00 a 12:30 (hora portuguesa) / de 11:00 a 13:30 (hora española) o Evento Final do proxecto, que terá un carácter completamente en liña debido á actual crise de COVID-19. A sesión programada constará de dúas actividades:

  • Por unha banda, unha mesa redonda sobre “O uso da intelixencia artificial e da medicina dixital nas prácticas médicas”
  • Por outra, unha sesión “Pitch” con 6 proxectos empresariais perturbadores no ámbito sanitario de Galicia e norte de Portugal que serán avaliados e premiados por un xurado especializado na materia.

Programa e Inscripción AQUÍ:
https://eventos.b-acis.pt/geral/listaeventos.aspx

Nota: participación gratuita previo registro. Podréis seguir el evento en directo en este canal YouTube

Más información