Activiza diseña o 1º curso online basado no modelo ACP-Xerontoloxía. Apúntate!

Todo o mundo fala da Atención Centrada na Persoa e anda máis agora, “en tempos de COVID”. Os nosos socios de Actviza diseñan o  primeiro curso online baseado no modelo ACP-Xerontoloxía de Teresa Martínez, co obxectivo de ofrecer un acompañamiento adecuado aos profesionales do sector de atención a persoas maiores no camiño da ACP.

Trátase  dun curso 100% online que dará comenzo o próximo día 29 de xullo cunha duración de 20 horas e que está dirixido a profesionais do sector da atención a persoas maiores que queiran dar un impulso as suás carreiras. O programa pódese descargar neste enlace.

A través deste curso:

  • Coñecerás metodoloxías, ferramentas e referencias para avanzar na aplicación da ACP desde a mellora continua: reflexión, formación, avaliación e aplicación.
  • Reflexionarás sobre “a túa mirada” cara ás persoas que necesitan atención, ás súas familias e ao teu equipo.
  • Promoverás, persoalmente ou na túa organización, a reflexión necesaria para iniciar ou retomar o camiño da ACP

Os nosos socios de Activiza, formaron a máis de 1.500 profesionais ¿Gustaríache acompañalos? Para reservar a túa praza, haz click aquí .