O Clúster


 Somos unha asociación sen ánimo de lucro cuxo principal obxectivo é a dinamización empresarial de Galicia, contribuíndo ao desenvolvemento económico e social da comunidade autónoma, a través da cooperación entre todas as institucións e empresas públicas e privadas relacionadas coa saúde e a sanidade, mediante a realización de proxectos de carácter innovador.


 En setembro de 2011, un grupo de empresas, universidades, centros de investigación científico-médicos e entidades públicas sanitarias agrúpanse co obxectivo de constituír o Cluster Saúde de Galicia, respondendo así a unha iniciativa da Consellería de Sanidade considerada no Plan Estratéxico do Sergas 2014.

Ao longo destes anos, fóronse incorporando máis socios a esta iniciativa. Na actualidade conta con empresas privadas e públicas, fundacións, centros de investigación, centros tecnolóxicos e universidades; que se encontran situados nos distintos elos da cadea de valor do sector Saúde en Galicia.


 MISIÓN:

Dinamizar a competitividade da industria da saúde de Galicia, contribuíndo ao seu desenvolvemento económico e social a través da cooperación entre todas as institucións públicas e privadas relacionadas co sector sanitario.

VISIÓN:

Ser o cohesionador do macrosector da saúde en Galicia e o catalizador da cooperación eficaz en I+D+i

  • Incrementar a capacidade de I+D+i dos axentes do sector en Galicia.
  • Xestión do coñecemento existente entre os profesionais da industria que operan no sector.
  • Crear ámbito que favoreza a innovación para mellorar a competitividade empresarial.
  • Contribuír á creación de riqueza apoiándose no tecido empresarial do sector.
  • Atraer novas organizacións e institucións do ámbito da saúde para enriquecer o tecido empresarial galego.
  • Consolidar e crear vínculos entre os diferentes actores.


 Somos unha asociación sen ánimo de lucro "Cluster Saúde de Galicia". O noso máximo órgano de goberno é a Asemblea Xeral , composta por todos os socios do Cluster, e que ten a función de aprobar as actividades a realizar, as contas e presupostos anuais e o nomeamento da Xunta Directiva.

A Xunta Directiva é o órgano de dirección que lidera o cluster e está formado por un presidente, un vicepresidente, un secretario, e un tesoureiro.

Organigrama


 Innovación: Planteamiento de proyectos de I+D+i: Talleres de trabajo, Grupos temáticos; Búsqueda de Project partners entre los socios del cluster, Información sobre fuentes de financiación.

Formación e capacitación: realización de sesións formativas sobre temáticas de interese común (compra pública innovadora, licenzas, patentes, H2020, etc.), conferencias.

Visibilidade: representación do sector ante organismos relevantes do sistema económico de Galicia. Posicionamento internacional, e visibilidade da industria da saúde.

Networking: fomento do coñecemento e proxectos entre empresas do clúster; coorganización de xornadas (INNO ACTIVE AGEING); Espazos Kit Saúde;

Canalización: actuar como interlocutor activo bidireccional e representante do tecido empresarial galego, transmitindo as propostas e iniciativas das empresas á administración, así como tamén informando as empresas das necesidades manifestadas pola administración.


 No Cluster Saúde de Galicia entendemos que establecer alianzas con aqueles cos que temos afinidades e compartimos obxectivos ten que axudarnos a sumar. Con esta idea e en pro da mellora da competitividade e eficiencia nas accións emprendidas entre as partes asinamos os seguintes convenios:

CONVENIO CLUSTER SAUDE DE GALICIA- AHOSPGAL.



Descargar: Convenio AHOSPGAL

CONVENIO CLUSTER SAUDE DE GALICIA-CLUSAGA.



Descargar: Convenio CLUSAGA


 Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS) «a saúde é un estado de completo benestar físico, mental e social, e non soamente a ausencia de afeccións ou enfermidades.»

Polo tanto, a saúde é un elemento clave do estado de benestar, e que afecta a todos os cidadáns ao longo da súa vida. Por iso é importante que sexa o verdadeiro motor de desenvolvemento económico e social contribuíndo á creación de riqueza e emprego en Galicia.

A continuación móstrase a Cadea de valor do Sistema de Saúde que describe o sector saúde na nosa comunidade e o Mapa de Procesos do Sector Saúde.