ERRIN presenta su Brokerage sobre Bioeconomía - Abierto el plazo de inscripción

Actividades organizadas por ERRIN (European Regions Research and Innovation Network) en Bruxelas, en relación con Horizonte 2020 e outros programas.

O Grupo de Traballo de Bioeconomía de ERRIN vai organizar un Obradoiro para o Desenvolvemento de Proxectos, ou Brokerage, que terá lugar en Bruxelas o vindeiro 31 de maio. Centrarase exclusivamente nas convocatorias de 2017 do último programa de traballo de Horizonte 2020 para “seguridade alimentaria, agricultura e silvicultura sostibles, investigación mariña, marítima e de augas interiores e bioeconomía”. A lista de convocatorias e topics de 2017 que se cubrirán no evento poden atoparse aquí.

 O obxectivo do mesmo é favorecer a creación de novos partenariados e o lanzamento de novas propostas de proxecto para participar nas citadas convocatorias.

 As empresas, universidades, asociacións, centros tecnolóxicos e calquera outra entidade que desexen enviar ideas de proxecto para ser presentadas no evento, deben comunicarllo a GAIN respondendo a este correo e cubrir este formulario de inscrición. O prazo para facelo remata o 7 de abril.

 Para o resto de participantes, o prazo de inscrición, que se notificará nun novo boletín, abrirá despois do 15 de abril e pechará o 29 do mesmo mes.

 O evento coincidirá coa celebración, tamén en Bruxelas, da Semana Verde da UE, que este ano se centrará en ‘Investimentos para un futuro máis verde’. Para máis información, pinche na seguinte ligazón.